sábado, 23 de noviembre de 2013

Manualidade: estanque realizado con plastilina.(Creación propia)

Primeiro, peguei plastilina en toda a táboa que formaba a base. Empreguei plastilina verde, para a herba que recobre o estanque, marrón para a area, e azul, para a auga do estanque.
A continuación, con plastilina amarela, fixen os patos que formarían parte do estanque.
Pouco a pouco, os patos comezaron a coller forma. Os ollos, fíxenos con plastinia blanca e con un rotulador negro; e a boca con plastilina laranxa.
Resultado final.

Carboncillo: Paisaxe na escuridade da néboa. ( Copia de unha lámina atopada en internet)

En primeiro lugar, comecei a debuxar as partes máis importantes da imaxe, facendo fincapé nos escuros, xa que é o máis importante da obra.
Despois tiven que empezar a facer as follas das árbores, marcando con máis intensidade aqueles lugares onde había maior cantidade. Tamén marquei as diferentes herbas que había na imaxe.
Como se pode observar na imaxe, xa se pode ver o chan cos diferentes herbas, máis intensas nos lugares de máis abundancia e máis claras en lugares onde hai menos. Para realizar unha maior intensidade empreguei o lápiz composto.